Vostede está aquí

Noticia
Corporativo
Esta folla de ruta enmárcase na Axenda Dixital para España

O Plan Estratéxico 2017-2020 de Red.es inclúe a execución de 80 proxectos de transformación dixital

O Plan Estratéxico e Operativo para os anos 2017-2020 da entidade pública Red.es prevé a execución de 80 proxectos e inclúe fortes investimentos (50 millóns de euros só para o ano 2017).

Este documento recolle a misión de Red.es de impulsar a transformación dixital da sociedade española, mediante iniciativas innovadoras e vertebradoras en colaboración con socios públicos e privados.

O Plan Estratéxico, así mesmo, aséntase baixo importantes obxectivos: ser referencia en dixitalización e transformación tecnolóxica, excelencia na xestión interna e deseño e execución de programas e dixitalización. Todos estes principios compoñen a razón de ser da entidade, con orientación á sociedade, empresas e administracións públicas. 

No marco da Axenda Dixital do Goberno, Red.es, como entidade dependente do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, a través da Secretaría de Estado da Sociedade da Información e Axenda Dixital, asume un papel activo e especialmente relevante ao ser directora de 2 dos 10 plans existentes (Plan de TIC para pemes e comercio electrónico, e Plan de Servizo Público Dixital), ao tempo que participa nos restantes.

O plan estratéxico, así mesmo, estrutúrase en catro grandes eixes. O primeiro deles é o impulso do ecosistema dixital, con especial énfase nos ecosistemas innovadores, a dixitalización das empresas e o talento dixital.

O segundo eixe céntrase no goberno dixital, con mellores servizos dixitais ao servizo do cidadán e tamén da Administración. Hub Dixital compón a terceira liña de actuación e supoñerá o desenvolvemento de novos instrumentos para a análise, a monitorización e a avaliación da transformación dixital en España, así como a xeración de Think & do Tank en dixitalización e transformación tecnolóxica.

Por último, o eixe de Organización Dixital, con claves como a optimización da xestión interna, as persoas e a estabilidade económica.