Skip to main content

Quen somos?

Red.es é a entidade pública empresarial adscrita ao Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo (MINETUR) encargada de impulsar o desenvolvemento da Sociedade da Información en España. Ademais, temos a misión de executar proxectos relacionados coas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) de acordo ás prioridades estratéxicas da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información (SETSI), en colaboración coas comunidades autónomas, deputacións e cabidos, entidades locais e o sector privado.

Os nosos obxectivos prioritarios:

  • Xeración de emprego -a través dos programas dinamizadores do sector TIC- e fomento ao emprendemento.
  • Aumento da produtividade e competitividade nas empresas.
  • Aforro e eficiencia no gasto público.

A que nos dedicamos?

A actividade de red.es baséase en tres eixes de traballo:
  1. Servizos compartidos entre administracións públicas
  2. Colaboración público-privada
  3. Internacionalización