Vostede está aquí

 

 

 

Traballamos pola converxencia dixital con Europa

 

Protección de Datos de Carácter Personal
INFORMACIÓN GENERAL

Red.es é a entidade responsable do tratamento dos datos de carácter persoal subministrados polas súas partes interesadas/usuarios/interesados internos e externos. De acordo co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas, no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos), Red.es comprométese ao cumprimento da súa obriga de segredo con respecto aos datos de carácter persoal, ao deber de tratalos con confidencialidade e de mantelos protexidos con medidas de seguridade adecuadas.


Pola razón antes exposta, Red.es ten implantado e mantén un Sistema de Xestión da Seguridade da Información (SGSI) baseado na Norma UNE-EN ISO/IEC 27001, que está certificado pola entidade certificadora AENOR dende o ano 2014, ademais de ter o Esquema Nacional de Seguridade (ENS), regulado polo Real decreto 3/2010, do 8 de xaneiro e a súa modificación polo Real decreto 951/2015, do 23 de outubro, que está certificado pola entidade certificadora AENOR dende o ano 2018 (ambos os dous están integrados na entidade, o que fortalece a eficacia das medidas de protección dos datos de carácter persoal). Desta forma, Red.es evita a alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado dos datos persoais das súas partes interesadas/usuarios/interesados internos e externos.


A recollida e tratamento dos datos persoais ten como finalidade a xestión, prestación, ampliación e mellora dos servizos ás partes interesadas/usuarios/interesados internos e externos de Red.es, como se indica no seguinte documento (premer ligazón): Política de privacidade, que ten por obxecto establecer as directrices e principios que rexerán o modo en que Red.es xestionará e protexerá a privacidade dos datos de carácter persoal para axudar a garantir o cumprimento das leis e normativas aplicables á recompilación, almacenamento, uso, transmisión, divulgación a terceiros e a retención de datos persoais e/ou confidenciais.


As partes interesadas/usuarios/interesados internos e externos de Red.es poderán exercitar en todo momento os dereitos de acceso, de rectificación e supresión, de limitación do tratamento, á portabilidade dos datos, dereito de oposición e dereito a non ser obxecto de decisións individualizadas, de acordo co seguinte documento: Instrución do director xeral sobre o Procedemento para o exercicio dos dereitos á Protección de datos de carácter persoal.

Para calquera consulta relacionada coa Protección de datos de carácter persoal, poden poñerse en contacto connosco no seguinte número de teléfono: 901 100 167