D. Francisco Javier García Vieira, Director de Servizos Públicos Dixitais

 

    Francisco Javier García Vieira é enxeñeiro de Telecomunicación pola Universidade Politécnica de Madrid, e PDD polo IESE Business School, Universidade de Navarra.

    Na súa traxectoria profesional dentro do sector privado, inclúense o seu paso por Telefónica Investigación y Desarrollo, por Telefónica Móviles e pola start up tecnolóxica Banda Ancha S.A.

    Dende 2003 encóntrase vinculado ao sector público, dentro da entidade pública empresarial Red.es, na que veu desempeñando diversos cargos de responsabilidade relacionados coas políticas públicas de fomento da Sociedade da Información e o Coñecemento.