D. Luis Prieto Cuerdo, Director de Economía Dixital

Luis Prieto Cuerdo ocupaba dende o ano 2012 o posto de asesor na Dirección Xeral de Fondos Europeos do Ministerio de Facenda, con funcións na xestión de fondos sobre I+D+i, TIC, instrumentos financeiros e financiamento da pequena e mediana empresa. Conta cunha longa traxectoria na Administración Pública e no ámbito da ciencia e a tecnoloxía.

É enxeñeiro industrial pola Universidad Politécnica de Madrid e diplomado en Dirección Tecnolóxica pola Escola de Organización Industrial (EOI), ademais de formarse en dirección e xestión pública.
Foi subdirector xeral de Sociedade da Información no Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, subdirector xeral de Infraestruturas Científicas no Ministerio de Educación e Ciencia, e subdirector xeral de Planificación e Seguimento do Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía.


No sector privado, foi responsable de auditoría de sistemas en FASA-Renault e traballou na división de enxeñaría soporte lóxico de Alcatel.