Vostede está aquí

 

 

 

Traballamos pola converxencia dixital con Europa

 

Sistema de Xestión de Calidade
Que é un Sistema de Xestión de Calidade?
                                                   

Un Sistema de Xestión de Calidade é un método de xestión para organizacións, soportado por unha estrutura documental que recolle o coñecemento e os métodos de actuación da Entidade.

Está enfocado ao logro de resultados, en relación cos obxectivos de calidade, para satisfacer as necesidades, expectativas e requisitos das partes interesadas.

Este sistema combina a calidade do proceso, coa satisfacción dos usuarios e dos clientes.

As principais vantaxes que se poden obter ao implantar un Sistema de Calidade son, entre outras:

  • Adaptación ás esixencias e expectativas dos clientes/usuarios finais.
  • Estrutura firme de todos os procesos da organización.
  • Estandariza e sistematiza as actividades.
  • Planificación estratéxica da calidade.
  • Identificación das áreas da empresa susceptibles de mellora.
  • Establecemento de indicadores de negocio e do cadro de mando de forma global.
  • Implantación dunha metodoloxía de mellora continuada a través da análise dos indicadores.
  • Adopción dunha cultura de calidade por parte do persoal.
  • Participación e implicación do persoal da empresa.
  • Establece relacións interdepartamentais.
  • Potencia a iniciativa e a creatividade.

Puedes ver nuestro Certificado de Calidad aquí.

O noso Sistema de Xestión de Calidade

Consciente da importancia destes sistemas, Red.es implantou un Sistema de xestión de Calidade baseado na Norma UNE-EN ISO 9001, aliñado coa misión e visión da entidade. Trátase dunha ferramenta coa que contribuímos a que España se converta nunha sociedade en rede ao 100 por 100 o antes posible.

O Sistema de Xestión de Calidade serve de apoio para a consecución dos nosos obxectivos e promove os valores corporativos de compromiso, proactividade, eficiencia e colaboración. Isto permitiranos mellorar a nosa relación cos cidadáns, organizacións e administracións colaboradoras, prestándolles servizos útiles adaptados ás súas necesidades.

Para iso, o recurso máis útil constitúeo o persoal que forma parte da nosa organización e, polo tanto, é importante que o sistema tamén contribúa á mellora continua das súas condicións de traballo, ademais das súas competencias profesionais e humanas, para promover a máxima motivación cara a consecución dos obxectivos marcados.

Esta política será revisada de forma periódica, como mínimo unha vez ao ano, atendendo ás necesidades organizativas e ao espírito do Sistema de Xestión de Calidade corporativo..